Ti elixes a bancada de animación

Para a seguinte tempada, o RC Celta quere ofrecer aos afeccionados a posibilidade de escoller COMO e ONDE queren que sexa a súa nova bancada de animación. Por iso poñemos á vosa disposición a información das dúas opcións posibles para a nova bancada de animación.

Reserva a túa praza

1. ¿Qué é a bancada de animación?

1. ¿Qué é a bancada de animación?

A bancada de animación é unha zona reservada aos afeccionados que “máis ruído” queren facer animando ao Celta. Unha bancada cun aforamento limitado que conta cunha serie de  descontos especiais, facendo que os prezos sexan máis económicos que os do resto de asentos do estadio.

2. Condicións da bancada de animación

2. Condicións da bancada de animación

É unha bancada aberta a todos

Non existe límite de idade.

Sen restricións na animación

Débense cumprir as mesmas normativas legais de acceso e comportamento que en calquera outra bancada do estadio.

Mantéñenes os prezos e pódese financiar* o abono

Sub 25
Renovacións e altas: 140€

Adultos
Renovacións e altas: 250€

* Financiamento dende 3 a 12 meses suxeito ao criterio de concesión e risco de ABANCA Servicios Financieros, E.F.C., S.A. TIN: 7,25%, TAE: 7,50%. Exemplo de financiamento para abono de Marcador 292€ a devolver en 10 cotas mensuais de 30,18€. Importe total debido 301,79€. Importe mensualidade mínima 10€. Oferta válida ata o 19.08.2018

3. Opcións para a tempada 2018 / 2019

OPCIÓN 1: RÍO LATERAL

Localización e Aforamento

Zona delimitada en Río Alto e Río Baixo, sen acceso ao resto da bancada, cun total de 1200 asentos.

Acceso

Deberás ensinar o teu carné na entrada do estadio e os tornos de control situaranse nos accesos aos asentos.

Zona de previa

Dentro do estadio e antes de pasar polos tornos, habilitarase unha zona común a ambos sectores (Río Baixo e Río Alto) para vivir a previa con música e pantallas con retransmisións deportivas. Ademais contaremos con barras con prezos populares nas que seguindo a lei, a cervexa con alcol só se servirá antes do asubío inicial e despois do partido.

OPCIÓN 2: MARCADOR BAIXO

Localización e Aforamento

Bancada provisional detrás da portería de Marcador. Manterase ata a reforma definitiva desa zona do estadio e tería capacidade para 1200 asentos.

A pé de campo

Vive o partido a pé de campo e anima a escasos metros de distancia da porteria. Es un máis no terreo de xogo!

Bancada sen cuberta

Pola situación da bancada resulta imposible instalar unha cuberta. Se chove, os afeccionados móllanse.

Bancada sen zona de previa

Nesta opción de bancada de animación tampouco sería posible habilitar a zona de previa por falta de espazo.

4. Preinscrición, prezo e plazos

Se estás realmente interesado en acudir á bancada de animación, queremos saber a túa opinión.

Preinscrición de 10 euros para asegurar o teu interese na bancada

Se fas a preinscrición e a túa opción sae elixida:

  • Se formalizas o abono na bancada solicitada descontaranse os 10 euros da cota que che corresponda no momento do alta ou renovación.
  • Se fas unha preinscipción e a túa opción sae elixida pero decides non facerte abonado, perderás os 10 euros da preinscrición.

Se fas a preinscrición e a túa opción non sae elixida:

  • Devolverase o diñeiro. Se decides cambiar de opinión poderás unirte á bancada que resulte gañadora.

Se fas a preinscrición elixindo as dúas opcións:

  • Deberás formalizar o teu abono na bancada de animación que resulte gañadora ou perderás o importe da preinscrición.

Prazo de preinscrición e alta como abonado

O prazo de preinscrición é de 10 días (do 12 de xuño ao 25 de xuño).

O club anunciará a opción máis votada polos afeccionados o 25 de xuño. Desde ese momento terás dúas semanas para formalizar o teu abono ou solicitar a devolución da preinscrición de maneira presencial nas taquillas de Balaídos.

5. Elixe a túa bancada de animación

5. Elixe a túa bancada de animación

Prazo de preinscrición finalizado

Pronto daremos a coñecer a opción gañadora